Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. comercio-porto de Vigo-peirao transversal.
Situación: concello de Vigo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 10 m de lonxitude, desde a L.M.T. ó C.T. Eijo Garay, alimentando o C.T. proxectado denominado comercio no peirao transversal, no concello de Vigo, rematando na L.M.T. ó C.T. Areal I. C.T. de 1.000 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 15 de novembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra