Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.846

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/424-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. polígono industrial de Moraña.

Situación: Concello de Moraña.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 131 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde o apoio HVH-1600/15 existente da L.M.T. TIB 802 (SEGADE) rematando no apoio C-2000/16 proxectado. L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor R.H.Z., de 304 m de lonxitude, desde o apoio C-2000/16 proxectado. C.T. de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, situado no polígono industrial, do concello de Moraña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra