Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/471-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. San Xoán de Deus, rúa Tomás A. Alonso.

Situación: concello de Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 18 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V. desde a L.M.T.S. BAL.728, entre os CC.TT. Tomás A. Alonso e San Rafael, alimentando en bucle o centro de seccionamento existente na rúa Tomás A. Alonso, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra