Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 26 de decembro de 2002 Páx. 17.692

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002 pola que se conceden as axudas para a realización de tres proxectos de investigación relativos ós centros de educación non universitaria de Galicia, convocadas na Orde do 4 de novembro de 2002.

A orde conxunta das consellerías da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e de Educación e Ordenación Universitaria do 14 de marzo de 2002 aprobaba as bases da convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación. No seu artigo 4 determinábanse os criterios de valoración e materias preferentes que deberían

ter en conta os membros da comisión encargada de realiza-la proposta de resolución.

Atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación, relativo ós centros de educación non universitaria de Galicia ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución e na contía e anualidades que en cada caso se sinala.

Segundo.-As axudas que se relacionan no anexo comprenden a totalidade da axuda necesaria para a realización do correspondente proxecto de investigación, incrementada nun 10% destinado ós gastos institucionais que a súa execución lle supón ó organismo ó que pertence o investigador responsable.

Terceiro.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 4 de novembro de 2002 (DOG do 12 de novembro) suporá a perda do dereito a recibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública ou perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

Jaime Pita VarelaCelso Currás Fernández

Conselleiro da PresidenciaConselleiro de Educación

e Administración Públicae Ordenación Universitaria