Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión do 11 de decembro de 2002, acordou a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello do Barco de Valdeorras, sometendo a información pública

o expediente polo prazo dun mes contado a partir do seguinte á inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que poida ser examinado polos interesados e formularse alegacións, de conformidade co artigo 42.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Conforme o acordo de aprobación inicial suspéndese o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas seguintes zonas:

-No solo urbanizable.

-No solo urbano non consolidado.

-No solo urbano consolidado no que se opoña ó Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado inicialmente.

-No solo rústico de protección.

O Barco de Valdeorras, 12 de decembro de 2002.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde