Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 23 de decembro de 2002 Páx. 17.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendente de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Otero Piñeiro, María Socorro e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de

setembro, polo que se aproba o procedemento para a realización de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 29 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Otero Piñeiro, María Socorro

DNI: 35428806-C

R/ Loureiro Crespo, 33

Pontevedra

Expte. devolución Oficina

Liquidadora de Cambados

Expte.: S-389/2000

Varela Muñiz, Mª del Carmen

DNI: 35248828-V

R/ Alfredo García Alén, 6, 1º esq.

Pontevedra

Expte. devolución

Expte.: T-564/2000

Autoliq.: 600900212068