Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 7 de novembro de 2002, o proxecto técnico para a contratación da obra de construcción de edificio de usos múltiples, redactado polo arquitecto Carlos Rosón Gasalla, queda exposto ó público na secretaría deste concello, durante o prazo de quince días hábiles, que empezarán a contarse desde o día seguinte ó da inserción do presente edicto no BOP, para efectos de exame e reclamacións.

Na mesma sesión tamén se aprobaron os pregos de cláusulas administrativas que rexerán o citado concurso público por procedemento aberto da citada contratación, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para os efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada obra, que quedaría aprazada no suposto de presentarse reclamacións ó proxecto técnico ou ó prego de bases, restablecéndose, o que reste, a partir do día seguinte da súa resolución.

Obxecto: contratación mediante concurso polo procedemento aberto da obra de construcción do edificio de usos múltiples.

Tipo de licitación: e o seguinte: 69.120 euros.

Prazo de execución: 5 meses desde a notificación da adxudicación.

Garantía: a provisional establécese en 1.382,40 euros. A definitiva será igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse na secretaría do concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás nove horas do primeiro día hábil seguinte ó que termine o prazo

de presentación de proposicións. Se este fose sábado, terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na correspondente cláusula do prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula dos pregos de condicións. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición, e en sobre pechado, os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios así como tódolos derivados do contrato.

Vila de Cruces, 11 de novembro de 2002.

Jesús Otero Varela

Alcalde presidente