Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, relativo ó outorgamento do permiso de investigación Catasol, número 7039.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, fai saber que por Resolución do 12 de novembro de 2002, se outorgou o permiso de investigación Catasol nº 7039 de 3 cuadrículas mineiras, para recursos da sección C, nos termos municipais de Melide e Santiso, provincia da Coruña.

O que se fai público, para o xeral coñecemento e cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

A Coruña, 12 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña