Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Sábado, 21 de decembro de 2002 Páx. 17.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na que se formula a declaración de impacto ambiental da canteira denominada Monte Redondo.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o dele

gado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante esta publicación, á Resolución do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Monte Redondo, sita en terreos do concello de Vilalba, provincia de Lugo, promovido por José Sanjurjo Construcciones, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 37.280 m, no lugar chamado Monte Redondo, pertencente á parroquia de Ladra, do concello de Vilalba, da que a designación puntual en coordenadas UTM sería x=607.268,38 y=4.787.011,56 aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 6 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo