Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.516

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 14 de novembro de 2002 polo que se fai público o nomeamento das secretarías en réxime de provisión temporal para as localidades de Verín e tres máis.

En cumprimento do acordo adoptado no día de hoxe, dimanante de comunicación da Xerencia Territorial do Ministerio de Xustiza en Galicia, sobre

nomeamentos de secretarios en réxime de provisión temporal, que literalmente di:

«Data 23 de outubro de 2002. Ministerio de Xustiza. Xerencia Territorial de Galicia. N/Rf. Secretarios de provisión temporal. Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Pazo de Xustiza, praza de Galicia s/n, 15004 A Coruña. Visto o acordo da Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da data citada, polo cal se nomean secretarios dos xulgados de primeira instancia e instrucción en réxime de provisión temporal que igualmente se citan. Esta Xerencia Territorial, no uso das atribucións que lle confire a O.M. do 26 de xuño de 1991 (BOE do 28 de xuño) e de conformidade co previsto no artigo 38 do Real decreto 429/1988, do 29 de abril, polo que se aproba o Regulamento orgánico do corpo de secretarios xudiciais, confirma os nomeamentos seguintes os efectos previstos no número undécimo da O.M. do 20 de xullo de 1995 (BOE do 21 de xullo). Nomeamento acordo da Sala de Goberno con data do: 18-10-2002.

Provincia da Coruña.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia, Sagrario Campelle Seijo.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ortigueira, José Vicente López Balseiro.

Provincia de Lugo.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Monforte de Lemos, Paula Varela Garrote.

Provincia de Ourense.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Verín, Eva Bernárdez Pereiras.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Verín, Ana Gloria Miramontes Carballada.

Provincia de Pontevedra.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Cambados, Begoña Acha Barral.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados, Guillermo Gonzalo Nieto D'Ochao.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de O Porriño, Elena García Figueira.

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ponteareas, María Begoña García de Andoin Jorquera.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de relacións coa Administración de xustiza. O que comunico para o seu coñecemento e demais efectos. O xerente territorial. P.A. Amalia Iglesias Guitián. Rubricado. Hai un carimbo de saída da Xerencia Territorial».

Así mesmo faise constar que contra o acordo destes nomeamentos efectuados pola Sala de Goberno con data do 18-10-2002, cabe interpoñer recurso ordinario ante o director xeral de relacións coa Administración de xustiza, no prazo dun mes, a partir da publicación da presente no Diario Oficial de Galicia, pregándolle que lle envíe a esta Presidencia un exemplar para a súa constancia no expediente.

A Coruña, 14 de novembro de 2002.

O presidente

Rubricado