Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de condicións económico-administrativas para a subministración de balizamentos para as praias de Foxos, Magor e Paxariñas, ponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a devandita contratación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración de balizamentos para as praias de Foxos, Magor e Paxariñas.

b) Lugar de execución: Sanxenxo.

c) Lugar de execución: antes do 1 de maio de 2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 133.573,38 euros.

5. Garantías.

Provisoria: 2.671,47 euros.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo-Rúa Consistorio, 4-6 36960 Sanxenxo (Pontevedra). Tfno.: 72 00 75. Fax: 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 15 días naturais desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que se vai presentar: a descrita no respectivo prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no sexto día hábil contado desde o seguinte ó do remate da presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 13ª do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

A conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 15 de novembro de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde