Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.502

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 27 de novembro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados a resolución do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal C-89/040, conta 14.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, as resolucións dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2 do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

A dita resolución ordena o lanzamento de Antonio Carro Castro e outros da vivenda que ocupan, sita en Betanzos; praza de San Antonio, 14, bloque 1, 1º/2º (edificio nº 1) (expediente C-89/040, conta 14) , outorgando un prazo previo o dito lanzamento de 15 días para o desaloxo voluntario.

Transcorrido o dito prazo, o lanzamento será executado por funcionario nomeado para o efecto polo delegado provincial do IGVS na Coruña, coa perceptiva autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución forzosa de actos da Administración, e con axulio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 27 de novembro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuamento: 13/2002.

Expedientado: Antonio Carro Castro e outros.

Último domicilio coñecido: edificio nº 1 praza de Santo Antonio, 14, bloque 1, 1º/2º (Betanzos).

(Expediente C-89/040, conta 14).