1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Porto do Son (A Coruña).
2.2. Prazo de execución: tres meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: trinta e tres mil cincocentos tres euros con vinteoito céntimos (33.503,28 A).
5. Fianza provisional.
Non se esixe.
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de adxudicación.
7. Documentación e información:
7.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita na rúa San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2124
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a seguir se relacionan:
-No epígrafe asunto: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
7.2. Información:
Teléfono: 981 54 17 49.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso para as contratacións das direccións facultativas de Porto do Son, Rianxo ou Verín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións.
9. Apertura da documentación xeral (sobres A):
Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
10. Apertura das ofertas.
Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 8.3, se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente