Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.490

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 26 de setembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 266/02 PRO.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 234, do 4 de decembro de 2002, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 16.835, onde di: «Importe sanción: nove mil quince euros con dezaoito céntimos», debe dicir: «tres mil cinco euros con sete céntimos».