Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador OU-64/2002 do 24 de outubro de 2002, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 1 de xaneiro) notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a resolución do expediente sancionador nº OU 64/2002, da Delegación Provincial de Cultura, Comunicación Social e Turismo, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que coiden oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince días (15) hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, en calquera oficina de Caixa Galicia (conta contable 840, código 001) e Caixanova (modelo XTAX). De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001 pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria e executiva das multas e sancións, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).

Expediente: OU-64/2002.

Titular sancionado: Cañón do Sil, S.L..

Establecemento: Café Bar Cañón do Sil.

Domicilio: Lg. Castro.

Localidade: Parada de Sil.

Resolución: 24 de outubro de 2002.

Preceptos infrinxidos: artigo 86.2º da Lei 9/1997 do 21 de agosto.

Sanción: cento cincuenta euros (150 euros).

Ourense, 13 de novembro de 2002.

José Luis Pérez Pérez

Delegado provincial de Ourense