Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: praza da Constitución, 17 Cee.
Denominación: L.M.T.A, sub. ó C.T. de Esteiro.
Situación: Muros.
Descricións técnicas: L.M.T. aéreo-subterránea de 1.106 m de lonxitude, en conductor LA-110 e R.H.V. de 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, que parte da L.M.T. Outes-Muros e final no centro de transformación existente de Esteiro-Muros.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 12 de novembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña