Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/345).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Viesgo I, S.A.

Domicilio social: r/ Medio, 12, 39003 Santander.

Denominación: ampliación de posición liña Faladoira en subestación de Tesouro.

Situación: As Pontes de García Rodríguez.

Descricións técnicas: ampliación da posición de liña Faladoira na subestación de Tesouro, no parque de intemperie de 132 kV, consistente en:

-Estructuras metálicas soporte de embarrado e aparellos.

-Tres seccionadores trifásicos motorizados de liña para posta á terra, by-pass, de illamento para 170 kV.

-Dous seccionadores trifásicos motorizados para barras I e II para 170 kV.

-Interruptor trifásico automático para 145 kV.

-Tres trafos de tensión e tres de intensidade.

-Sistema de control, protección e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña