Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto: modificado número 1 da nova estrada de enlace OU-101/C-536, treito: A Granxa-Os Viros, clave: N/OU/96.4.1-M1, termo municipal de Ourense.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa. As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras por realizar con cargo ó programa 413-B, Construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 25 de outubro de 2002, procédese á aprobación do proxecto constructivo das obras de modificado nº 1 da nova estrada de enlace OU-101/C-536, treito: A Granxa-Os Viros, clave: N/OU/96.4.1-M1, termo municipal de Ourense polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Con data 23 de abril de 1999, a Xunta de Galicia procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 130/1999, publicado no DOG nº 89, 11 de maio. Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do

Regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no Concello de Ourense, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consieran necesario.

Casa do Concello de Ourense.

Data: 13 de xaneiro de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Asociación Vecinos A Granxa.

A: Cerreda Cuíñas, Manuel.

Data: 14 de xaneiro de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Cerreda Pérez, Enrique.

A: Gil Barreiros, Luz.

Data: 15 de xaneiro de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Gil Barreiros, Rafael.

A: Pérez Taboada, Mercedes.

Data: 16 de xaneiro de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Porras Grande, Juana.

A: Hdros. Celia Zorelle Camba.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de Ourense e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia ( c/ Sáez Díez n º 1-1º) 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudir-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, a fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas de Ourense, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 27 de novembro de 2002.

José M. González Sánchez

Enxeñeiro xefe provincial de Estradas de Ourense