Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.464

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación da do 31 de outubro de 2002, pola que se se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira.

O conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, dictou, con data do 12 de decembro de 2002, resolución estimatoria do recurso de reposición formulado por Manuela Patiño Cores contra a Resolución do 31 de outubro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira (DOG nº 216, do 8 de novembro).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede modifica-la Resolución do 31 de outubro de 2002, no sentido de eliminar da relación de excluídos que figura publicada como anexo da devandita resolución a Manuela Patiño Cores, DNI 36073292, incluíndoa na relación definitiva de admitidos ás probas selectivas para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, poderase interpoñer directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública