Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 20 de decembro de 2002 Páx. 17.403

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se adxudican as bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas en FP-2) convocadas pola Orde do 18 de outubro de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 22 de outubro).

A orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 18 de outubro de 2002 (DOG do 22 de outubro) aproba as bases que rexerán as convocatorias de bolsas para persoal auxiliar de investigación (técnicos especialistas de FP-2).

De acordo co establecido na base 5 da devandita orde, desde o 18 ó 28 de novembro expuxéronse as listas de solicitudes admitidas e excluídas, podendo durante ese período os interesados formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos.

Rematado este prazo e revisadas as reclamacións presentadas, as solicitudes admitidas foron estudiadas pola comisión de selección, conforme o establecido na base 6 da convocatoria.

Na súa virtude, atendendo á proposta elaborada pola aludida comisión,

RESOLVO:

Primeiro.-Concederlles bolsas ás persoas que se relacionan no anexo I a esta resolución, para colaborar nas actividades de investigación dos centros que en cada caso se indican.

Dentro de cada especialidade, as adxudicacións realizáronse tendo en conta a puntuación obtida polo solicitante así como o centro solicitado.

Os beneficiarios das bolsas relaciónanse por orde alfabética.

Segundo.-Establecer unha lista de suplentes constituída polas persoas que se relacionan no anexo II, ordenados por puntuación decrecente dentro de cada especialidade.

Os suplentes que sexan convocados para cubri-las vacantes que puidesen producirse, para poder acada-la bolsa correspondente, terán que acreditar, previamente, que seguen a cumpri-los requisitos establecidos no punto 1 das bases da convocatoria.

Terceiro.-Para calquera incidencia durante o período de desfrute destas bolsas, será de aplicación o disposto na base 11 da Orde do 18 de outubro de 2002.

Cuarto.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria suporá a perda do dereito a percibi-la bolsa correspondente.

Quinto.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non estima-la presentación deste recurso poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 18-10-2002, DOG do 22 de outubro)

Miguel Ángel Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA