Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.388

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PLANMIÑO, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO de fusión.

A sociedade cooperativa Planmiño Soc. Cop. Galega, con domicilio no polígono Louzaneta, s/n de Lugo; CIF nº F/2722850, por medio deste anuncio e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral extraordinaria da cooperativa, na reunión do 11-10-2002, acordou a transformación de Planmiño Soc. Cop. Galega nunha cooperativa de primeiro grao da clase agraria; aprobouse igualmente e acto seguido a fusión por absorción das dúas cooperativas sociais de Planmiño Soc. Cop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbente.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Lugo, 10 de decembro de 2002.

Pedro Barrio Vázquez

Presidente