Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Verín (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de clausura e selaxe do vertedoiro de Verín (Ourense).

2.2. Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e catro mil setenta e cinco euros con trinta e un céntimos (44.075,31 A).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación, sita na rúa San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela, e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2125.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a seguir se relacionan:

-No epígrafe asunto: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación necesaria: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso para as contratacións das direccións facultativas de Porto do Son, Rianxo ou Verín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións.

9. Apertura da documentación xeral (sobres A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do oitavo día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 8.3; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Gastos do anuncio.

Pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente