Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.379

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos AC-EP 409/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que de seguido se menciona o acordo de iniciación dictado

en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade ciudadá, por non ser posible a súa notificación.

Número de expediente: AC-EP 409/2002.

Denunciado: Complejo Loures, S.L.

DNI/CIF: B-27257054.

Enderezo: Montesalgueiro, s/n . Aranga.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Sanción: ata 300, 51 A.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servicio de Interior e secretario a Manuel Jesús César Couso, posto base do grupo A que poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común -LRXPAC- (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmaselle que o prazo máximo para resolver e notifica-lo procedemento é de seis meses contado desde o acordo -de conformidade co artigo 20.6º do Real decreto 1398/1993; e no suposto do vencemento do prazo sen ter dictado resolución producirase a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2º da LRXPAC.

Informámoslle igualmente que a tramitación do expediente se realiza nesta delegación provincial, sita en Fernando Macías 18-1º, da Coruña.

A Coruña, 26 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña