Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación da proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de espectáculos públicos LU-E 86/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que de seguido se relaciona, á que non se lle puido facer por correo certificado, a proposta de resolución dictada no expediente de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Admón. Local e Interior desta delegación provincial e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos.

Lugo, 21 de novembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Nome-DNI/NIF-Nº Expediente-Precepto

infrinxido

-Último domicilio-Sanción

Dobara, S.LB-27102979LU-E 86/200226 e) LO 1/1992Cregos, 17

Lugo

90 euros