Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.377

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/165-2, 5953 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A, C.T. e R.B.T. Monzón Quinta.

Situación: Friol.

Características técnicas: L.M.T.Z. a 20 kV con lonxitude de 0,016 km con orixe na L.M.T.A. a C.T. Monzón conductor tipo LA-56 e final no C.T. Monzón. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.A. con lonxitude de 1,212 km con orixe no C.T. Monzón e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 14 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo