Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 19 de decembro de 2002 Páx. 17.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Behnam Latifi Ashjari e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Tui en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Foxo, 20-baixo, Tui.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 14 de novembro de 2002.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado:

Behnam Latifi Ashjari.

DNI: 16594134-W.

Rúa Torrecedeira, 115-1-3-D, Vigo.

Procedemento:

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: Z-144/2002.

Liq.: 20006810.

Interesada:

Pérez Costas, Mª Rosario Rosalina.

DNI: 35999469-F.

Avenida de Fragoso, 69-6º C, Vigo.

Procedemento:

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente: Z-186/2002.

Liq.: 20010557.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA