Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da xestión do servicio público de mantemento da rede semafórica e explotación das instalacións de regulación, control e información do tráfico no concello de Vigo.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Seguridade. Nº de expediente: 67397/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento da rede semafórica e explotación das instalacións de regulación, control e información do tráfico no concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 16 anos.

A execución do contrato comprende a execución das obras.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon mínimo que aboará o concello:

1.951.409,33 euros/ano.

5. Garantía provisional: 624.451 euros.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase na forma prevista na cláusula XXIII e XXIV do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 20 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG, BOE e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula XXIV do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

11. Gastos de anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 3 de decembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde