Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 18 de decembro de 2002 Páx. 17.324

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 346/2002, do 5 de decembro, polo que se dispón o nomeamento de varios representantes do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno e dos intereses sociais.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o nomeamento de Antón Fernández Álvarez, de Andrés Mazaira Castro e de Sergio Pajares Domínguez en representación do Consello de Goberno, substituíndo a Pedro Membriela Iglesia, Luís Ortiz Torres e Luís Pérez Goméz. Tamén se comunicou a reelección de Pedro Merino Gómez e de José Tojo Suárez. Ó mesmo tempo, comunicou o nomeamento de Roberto González Novas en representación do Consello de Goberno polo sector estudiantes. Tamén comunicou o cesamento como membro do Consello Social desa universidade en representación do Parlamento de Galicia de Antonio Pol González, por incompatibilidade sobrevida co seu novo cargo de Vicevaledor do Pobo, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987. Por último, comunicou o nomeamento de Santos Héctor Rodríguez Díaz como representante dos intereses sociais polo sindicato UXT. Pola súa banda, o Parlamento de Galicia comunicou a

elección de Aurora Carbajal Abal na representación dos intereses sociais.

Así mesmo, recibiuse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidades.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do cinco de decembro de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Vigo a Antón Fernández Álvarez, Andrés Mazaira Castro e Sergio Pajares Domínguez en representación do Consello de Goberno, e a Aurora Carbajal Abal en representación do Parlamento de Galicia. Estas persoas substitúen respectivamente a Pedro Membriela Iglesia, Luís Ortiz Torres, Luís Pérez Goméz e Antonio Pol González, ós que se lles agradecen os servicios prestados.

2. Nomear, en representación do Consello de Goberno, a Roberto González Novas e agradecérlle-los servicios prestados a Patricia Corbacho Suso e a Rubén Garrido Bernárdez.

3. Reelixir a Pedro Merino Gómez e José Tojo Suárez en representación do Consello de Goberno.

4. Reelixir en representación dos intereses sociais, a Santos Héctor Rodríguez Díaz.

Artigo 2º

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

María Teresa Iglesias Randulfe, secretaria xeral da universidade.

Augusto Viso Alonso, xerente da universidade.

Pedro Merino Gómez, membro da Consello de Goberno.

Antón Fernández Álvarez, membro da Consello de Goberno.

Andrés Mazaira Castro, membro da Consello de Goberno.

José Tojo Suárez, membro da Consello de Goberno.

Roberto González Novas, membro da Consello de Goberno.

Sergio Pajares Domínguez, membro da Consello de Goberno.

II) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Manuel Bermúdez Couso.

Julio Bernardo Estévez Fernández.

Enrique Magdalena Vila.

José Bernardo López Abadín.

Aurora Carbajal Abal.

Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

José García Costas.

Ernesto Baltar Feijóo.

Alberto Iglesias Díaz.

Amador Vázquez Vázquez.

c) Designados polos sindicatos:

Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Guillermo Alonso Jáudenes.

Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de decembro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA