Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.279

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 2 de decembro de 2002 pola que se resolve convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola Orde do 29 de outubro de 2002 (DOG nº 215, do 7 de novembro), este instituto no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, da función pública, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e vista a proposta do director xeral do IGVS do 29 de novembro,

RESOLVO:

Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario que se expresa no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data na que debe cesar no seu destino o funcionario está gozando dun período de licencia, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ó da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ó do cesamento de tratarse da mesma localidade na que actualmente presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que cause alta o funcionario efectuará dentro dos prazos sinalados anteriormente a dilixencia de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das citadas dilixencias remitiranse copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2002.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Politica Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

DNI: 33266726.

Grupo: B.

Apelidos e nome: Romero García, José Manuel.

Posto de traballo: xefe do Servicio de Contratación.

Nivel: 28A.

Código do posto: OTA020000015770031.

Localidade: Santiago de Compostela.

Dependencia: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO

CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO,

SECCIÓN SEGUNDA)