Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PO-AD-2002/8 (animais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción á Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, e está a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, no que poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, nº 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 14 de novembro de 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Ponteveddra

ANEXO

Expediente: PO-AD-2002/8.

Denunciada: María del Carmen Mozos Bugallo, enderezo r/ O Casal-Noalla, nº 27 de Sanxenxo (Pontevedra).

DNI: 35244363-Z

Feitos denunciados: ser posuidor de 5 cans perigosos e non adopta-las medidas necesarias para evita-la súa fuxida permitindo que saian á vía pública sen ir suxeitos con cadea e sen buceira.

Feitos denunciados: ás 16.20 horas do día 23 de febreiro de 2002, no número 27 do Casal-Noalla.

Data do acordo da incoación: 31-7-2002.

Precepto infrinxido: artigo 13.2º a) e d) da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Precepto sancionador: artigo 13.5º da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

Sanción: 300,51 euros.