1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.
c) Número de expediente: 2002/12/1443.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza nos centros: IPMP de Vigo, EONP Ferrol e Igafa da Illa de Arousa.
b) División por lotes e número: non hai división por lotes.
c) Lugar de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.
d) Prazo de execución: 12 meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e como gasto anticipado.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación. Importe total: 112.000 euros.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.
b) Enderezo: Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15781.
d) Teléfono: 981 54 61 52.
e) Fax: 981 54 61 38.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación necesaria: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.
-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación.
e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, festivo, no 24 ou 31 de decembro, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.
e) Hora: 11.30.
10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.
11. Páxina web onde se poden obte-los pregos:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2108
Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.
Rosa Mª Quintana Carballo
Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento
Pesqueiro