Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de declaración, en concreto, da utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, das instalacións e obras constitutivas dun aproveitamento hidroeléctrico. (Expediente IN407A 02/497-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 144 do R.D. 1955/2000, artigo 123 da Lei de augas, texto refundido polo Real decreto lexislativo 1/2001, e Lei 5/2000, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, sométese a información pública a petición da declaración, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, do aproveitamento hidroeléctrico no seu conxunto, que foi autorizado administrativamente pola Dirección Xeral de Industria, con data 1-12-2000 (expediente IN407A 00/83 A.T.) e que ten como características as seguintes:

Solicitante: Desarrollo Energético de A Lama, S.R.L.

Enderezo social: Cantón Grande, 6, 6º A, 15003 A Coruña.

Denominación: declaración de utilidade pública central hidroeléctrica río Xiesta.

Situación: concello da Lama.

Características técnicas: obra hidráulica da central hidroeléctrica no río Xiesta, cun caudal máximo derivado de 2.250 l/s. Dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal a 1.000 rpm. Dous xeradores síncronos trifásicos de 2.080 kVA de potencia e tensión de xeración 6.000 V cada un. Un transformador de potencia principal de 5.000 kVA e r.t. 6/20 kV. Un transformador para servicios auxiliares de 50 kVA e r.t. 20/0,398 kV e, ademais, disporase dun transformador para alimentación dos elementos instalados o azude e cámara de carga, de 15 kVA e r.t. 400/660 V. Instalacións de mando, control, protección e medida.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto no artigo 161 do R.D. 1955/2000.

Pontevedra, 29 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Declaración de utilidade pública central hidroeléctrica río Xiesta

Nº expediente: IN407A 02/497-4Provincia: PontevedraTermo municipal: A Lama

ParaxeCultivoPropietarioEnderezoCódigoAfecciónTipoElemento

parc.postalLonxit.

(m)

Superf.

(m)

874SaimasMonte baixoEsther Piñeiro ClaroLiñares, Xesta, A Lama (Pontevedra)3683047564Pleno dominioTubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

875SaimasMonte baixoSaladina Garrido AldirXesta, nº 33, A Lama (Pontevedra)3683041317Pleno dominioTubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

876SaimasMonte baixoElsa Amorín PiñeiroLiñares, Xesta, A Lama (Pontevedra)368301248Pleno dominioTubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

887SaimasMonte baixoElsa Amorín PiñeiroLiñares, Xesta, A Lama (Pontevedra)3683040145Pleno dominioTubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

ParaxeCultivoPropietarioEnderezoCódigoAfecciónTipoElemento

parc.postalLonxit.

(m)

Superf.

(m)

778Monte Veciñal PQ XendeMonte baixoMonte Veciñal en Man Común de Xende. Rpta.: José Baqueiro Ogando (presidente comunidade de montes)Veiga do Muíño, nº 1, Xende, A Lama (Pontevedra)368304728.884Pleno dominioTubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

778Monte Veciñal PQ XendeMonte baixoMonte Veciñal en Man Común Xende. Rpta.: José Baqueiro Ogando (presidente comunidade de montes)Veiga do Muíño, nº 1, Xende, A Lama (Pontevedra)368301.41914.235Servidume de pasoCamiño de acceso

920Monte Veciñal PQ XiestaMonte baixoMonte Veciñal en Man Común de Xiesta. Rpta.: Fernando Amorín Piñeiro (presidente comunidade de montes)Pigarzos, Xesta, A Lama (Pontevedra)368301.74537.739Pleno dominioSuperficie encorada captación, tubaxe, camiño de acceso ó azude, liñas de datos e alimentación eléctrica ó azude

920Monte Veciñal PQ XiestaMonte baixoMonte Veciñal en Man Común de Xiesta. Rpta.: Fernando Amorín Piñeiro (presidente comunidade de montes)Pigarzos, Xesta, A Lama (Pontevedra)368302031.914Servidume de pasoCamiño de acceso

499Monte Veciñal PQ AntasMonte baixoMonte Veciñal en Man Común de Antas. Rpta.: Juan Vázquez Nogueira (presidente comunidade de montes)Porteliña, nº 2, Antas,

A Lama (Pontevedra)

368302852.838Servidume de pasoCamiño de acceso