Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.210

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto de execución, o estudio de impacto ambiental e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/407-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, nos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, Decreto 442/1990, do 13 de setembro,

de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental, Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e artigo 13.2º do Decreto 80/2000 polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, aprobación do proxecto de execución, estudio de impacto ambiental e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eurovento, S.L.

Domicilio social: rúa Varsovia, 4 C-5ª pl., Área Central-As Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. a 220 kV de subestación do Suído a subestación da Graña.

Situación: concellos da Cañiza e O Covelo.

Descricións técnicas: L.A.T., aérea, a 220 kV, de 10.102 m de lonxitude, con conductor LA-455 (Condor), sobre apoios metálicos, desde a subestación do Suído na Cañiza ata a subestación da Graña no Covelo, afectando os concellos da Cañiza e O Covelo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións da liña poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra, concellos da Cañiza e O Covelo, e na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra, podendo presentarse ante ela, na rúa Eduardo Pondal, nº 64, 36003 Pontevedra, cantas alegacións se consideren oportunas, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións por razón do disposto no artigo 161 do Real decreto 1955/2000.

Pontevedra, 25 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 02/407-4Provincia: Pontevedra

L.A.T. subestación do Suído-subestación da GrañaTermo municipal: Covelo e A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

Solo*Voo**

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1Fonte Fría e

Serra do Faro

Monte baixo e

pedregal

CMVMC de PetánBaro-A Aldeíña, 13

A Cañiza

1 ó 162.3042.526127.590

4A GrañaMonte baixo e

pedregal

CMVMC da GrañaA Graña, 4

O Covelo

39 ó 501.7282.853138.905

* Apoios: expropiación en pleno dominio para cada un deles.

** Voo: servidume de paso eléctrico aéreo, nunha franxa de 25 metros a cada lado do eixe da liña.