Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.180

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 27 de novembro de 2002 pola que se convocan axudas en materia de calidade e deseño industrial, en réxime de concorrencia competitiva, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, de acordo coas bases reguladoras establecidas na Orde do 11 de marzo de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 55, do 18 de marzo).

Na orde da Consellería de Industria e Comercio do 11 de marzo de 2002, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo, publicada no DOG nº 55, do 18 de marzo de 2002, fixábanse os criterios básicos da súa política de fomento de acordo coa previsión efectuada no artigo 4 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entre os programas de incentivos recollidos na citada orde, figura no punto 8 do artigo 2A o de «Apoio ás actuacións en materia de calidade e deseño industrial», desenvolvido no seu anexo VIII, de esta orde.

O contido desta orde de axudas axústase ó establecido no Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

En consecuencia e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto proceder á convocatoria de axudas en materia de calidade e deseño industrial en réxime de concorrencia competitiva na anualidade de 2003, para incentivar actuacións que teña como obxectivo impulsa-la cultura da calidade empresarial, así como as encamiñadas á incorporación e desenvolvemento do deseño industrial nas empresas da Comunidade Autónoma de Galicia, conducentes a procesos de mellora da competitividade empresarial.

Artigo 2º.-Aplicacións orzamentarias.

Para a concesión das axudas, propias dos investimentos que se convocan, destinaranse os créditos globais correspondentes ás aplicacións orzamentarias que se mencionan coa seguinte distribución:

AplicaciónDenominaciónAno 2003

(euros)

Ano 2004

(euros)

08.03.661-C.770.0Empresas privadas: fomento da calidade e deseño industrial500.000350.000

08.03.661-C.780.0Familias e institucións sen ánimo de lucro: fomento de servicios ás asociacións120.00084.000

Total: 620.000434.000

Tódalas cantidades antes citadas poderán incrementarse en función das peticións presentadas e de acordo coas dispoñibilidades de crédito.

O gasto que se proxecta tramitarase como expediente anticipado e está condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos do exercicio para 2003, de acordo co disposto no artigo 3, punto 3º in fine da Orde do 27 de novembro de 2000 pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto.

Artigo 3º.-Actuacións subvencionables.

Terán carácter subvencionable aqueles investimentos que teñen por obxecto o desenvolvemento dalgunha ou dalgunhas das seguintes actuacións:

1. Impulso á calidade.

a) Desenvolvemento de modelos avanzados de xestión da calidade: diagnósticos de plans de mellora, implantación de accións e avaliación en empresas xa certificadas conforme as ISO 9000.

a.1) Asesoramento e consultoría de apoio para a elaboración dun plan de mellora, en empresas xa certificadas, determinando potenciais áreas de actuación. Este plan, para os efectos de homoxeneidade, efectuarase segundo a metodoloxía de criterios e subcriterios do Modelo EFQM de Excelencia, desenvolvendo os criterios e subcriterios, total ou parcialmente, segundo corresponda.

a.2) Asesoramento e consultoría de apoio á implantación de medida ou medidas contidas no plan de mellora do punto anterior. Para estes efectos indicarase o criterio ou subcriterio no que se circunscriben.

a.3) Avaliación segundo modelos avanzados de xestión da calidade. Entenderanse por tales aqueles con referencia internacional e que desenvolvan principios e/ou requisitos de máis amplo alcance que a certificación ISO 9000 e teñan como finalidade medi-lo avance das empresas nun proceso de mellora continua cara á xestión da calidade total; tal como, a título de exemplo, o Modelo EFQM de Excelencia.

b) Estudio de custos de non calidade.

Proxectos ou estudios para a implantación de sistemas de custos de non calidade que permitan a identificación dos elementos que xeran os devanditos custos, a valoración, o seguimento, o control destes e a conseguinte definición de actuacións de mellora con indicación expresa dos obxectivos cuantificables que se pretenden conseguir. Consideraranse custos de non calidade os debidos a fallos internos e externos, correspondentes a unha actividade, área ou proceso determinado, quedando excluídos os custos de prevención e avaliación.

Neste punto terán a consideración de investimento subvencionable os custos externos derivados da rea

lización, por parte das entidades consultoras de apoio á calidade, dos citados proxectos ou estudios.

c) Difusión e sensibilización da cultura de calidade.

Actuacións de relevancia ou alcance, cuantitativo ou cualitativo, que contribúan a fomentar ou divulgar entre as organizacións empresariais as vantaxes da cultura da calidade, mediante a difusión, posta en común e/ou intercambio de experiencias de relevancia significativa en materia de calidade, levadas a cabo por asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.

Neste punto terán a consideración de actuación subvencionable os gastos derivados da organización de congresos, xornadas, cumios, foros, convencións, etc., de difusión e sensibilización da calidade levadas a cabo por asociacións empresariais ou entidades sen ánimo de lucro (a título de exemplo, para a difusión de técnicas avanzadas de xestión da calidade, de intercambio de experiencias ou de análise de normas ou referenciais específicos internacionalmente recoñecidos).

2. Impulso do deseño industrial.

a) Incorporación de prácticas de deseño mediante asesoramento externo cualificado.

Accións encamiñadas á incorporación do deseño industrial mediante a realización de diagnósticos previos e/ou auditorías de deseño e o deseño de novos productos para PEMES industriais. Así mesmo, poderán contemplarse as simulacións de moldeo, prototipado rápido e aqueloutras de similar natureza para novos deseños de productos de PEMES industriais.

Neste punto terán a consideración de investimentos subvencionables os honorarios correspondentes ó asesoramento de gabinetes externos de deseño industrial especializado, os custos da colaboración con centros tecnolóxicos ou departamentos universitarios, segundo corresponda, consecuencia da nova orientación da entidade, tanto se é puntual ou con previsión de continuidade e cando reúnan as condicións de calidade técnica para a súa execución.

Excluiranse os custos non vinculados coas ideas de deseño obxecto do proxecto en desenvolvemento, os correspondentes a deseño gráfico ou deseño do contorno (interiorismo, arquitectura, ..) así como os proxectos nos que non se acredite a existencia de colaboración cun gabinete especializado en deseño industrial, centro tecnolóxico ou departamento universitario, entendéndose por tales aqueles que desenvolvan a dita actividade a título significativo.

b) Creación de departamentos de deseño industrial.

Accións encamiñadas á creación de novos departamentos de deseño nas PEMES industriais e á incorporación de deseñadores industriais sempre e cando se estableza por un período mínimo de dous anos.

Neste punto terán a consideración de investimentos subvencionables a adquisición de hardware e software específico para a dotación do departamento e o custo da incorporación de deseñadores industriais non vinculados con anterioridade á PEME solicitante.

c) Difusión e sensibilización do deseño.

Actuacións de relevancia ou alcance, cuantitativo ou cualitativo, que contribúan a fomentar e divulgar entre as organizacións empresariais as vantaxes do deseño, mediante a difusión, posta en común e/ou intercambio de experiencias de relevancia significativa en materia de deseño industrial, levadas a cabo por asociacións ou entidades sen ánimo de lucro.

Neste punto terán a consideración de investimento subvencionable os gastos derivados da organización de congresos, xornadas, cumios, foros, convencións, etc., de difusión e sensibilización do deseño, levadas a cabo por asociacións empresariais ou entidades sen ánimo de lucro.

Artigo 4º.-Contía das axudas.

As axudas poderán acadar, con carácter xeral, unha contía máxima do 40% do investimento subvencionable, sendo de aplicación, ademais, as seguintes limitacións:

Para as actuacións contidas no punto 1. puntos a.1), a.2), a.3), e b) do artigo 3º, as axudas poderán acadar un máximo de 3.000 euros por cada proxecto.

Para as actuacións comprendidas nas letras c) dos puntos 1 e 2 do artigo 3º as axudas poderán ser, como máximo, de 30.000 euros por proxecto.

Para as actuacións comprendidas no punto 2. letras a) e b) do artigo 3º, as axudas poderán acadar, como máximo, 12.000 euros por proxecto.

Artigo 5º.-Ámbito temporal e actuacións plurianuais.

A esta orde poderanse acolle-las actuacións establecidas no artigo 3º desta orde, sempre que se realicen no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2003 e a data de xustificación do investimento recollida no artigo 11º desta orde.

Excepcionalmente, poderanse conceder subvencións plurianuais que superen o exercicio 2003, establecéndose os correspondentes compromisos por anualidade dentro dos límites establecidos pola lexislación vixente, de acordo co prazo de execución do investimento, tendo que aterse ó disposto, para os efectos oportunos, no artigo 58 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro.

Para os investimentos plurianuais, nos que a totalidade da subvención supere os 30.050,61 euros, poderanse efectuar pagamentos parciais á conta da liquidación que se perciba, cumprindo os requisitos

que para o efecto determinan os artigos 16º e 17º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para as actuacións plurianuais entenderase que os investimentos e pagamentos que se efectuen desde a data límite de xustificación do exercicio corrente ata o final de ano corresponderán á anualidade seguinte e, polo tanto, poderanse presentar como xustificantes para o cobramento da devandita anualidade.

Artigo 6º.-Obtención de formularios de solicitude.

Os formularios para as solicitudes de axuda reguladas nesta orde cubriranse e obteranse necesariamente polo solicitante a través da aplicación informática establecida no enderezo da Internet «http://www.xunta.es/conselle/in/index». Estes formularios así obtidos presentaranse sen engadir novos datos e sen realizar emendas ou riscaduras no seu formato orixinal.

Poderanse cubrir e obte-los formularios ata as 24 horas do día anterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cada solicitude unicamente poderá referirse a unha das modalidades de actuacións subvencionables recollidas no artigo 3º.

No caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, a través do teléfono 981 54 55 55 ou da dirección de correo electrónico axudas.industria.2003*xunta.es que adoptará as medidas necesarias para facilita-la presentación por escrito de solicitudes.

Artigo 7º.-Presentación de solicitudes e documentación.

As solicitudes, cubertas e obtidas conforme o artigo anterior, dirixiranse por triplicado exemplar ó conselleiro de Industria e Comercio, presentaranse no rexistro xeral das delegacións provinciais, no dos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, entre as que se inclúen os rexistros dos concellos que teñan subscrito convenio de colaboración para a implantación dun sistema intercomunicado de rexistro coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo para a súa presentación será desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 28 de febreiro de 2003, ambos inclusive.

Ás ditas solicitudes (compostas de anexo I, II e III) xuntaráselle da seguinte documentación, todo isto por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias):

a) Documentación técnica relativa ó proxecto:

a.1) Memoria explicativa do alcance dos proxectos e/ou actuacións que se van desenvolver, suficientemente detallada, na que se recollan, entre outros, os obxectivos do proxecto, a súa xustificación e as vantaxes que aporta, así como unha breve descrición da entidade solicitante e das súas principais actividades. Para as accións indicadas no punto 2.b) do artigo 3º desta orde, relativas á creación de Departamentos de Deseño Industrial, deberá presentarse memoria na que se detallen de forma precisa as características do posto de traballo e o compromiso de contratación por parte da entidade.

a.2) Orzamento desagregado do investimento e/ou actuación, e copia dos orzamentos dos provedores, que incluirán, se é o caso, facturas pro forma e gastos de persoal vinculado ó departamento de deseño.

a.3) Prazo de execución do investimento e/ou actuación, con indicación expresa da temporalidade de cada unha das actuacións que configuran o proxecto ou actuación, utilizando para isto un diagrama de Gantt.

b) Documentación xurídico-administrativa do solicitante:

b.1) CIF da empresa ou NIF no caso de empresario individual.

b.2) Documento público acreditativo do poder con que actúa o solicitante e fotocopia do seu DNI.

b.3) Último recibo do Imposto de Actividades Económicas (IAE) ou, se é o caso, declaración de non estar suxeito ó IAE. Para empresas que se constitúan no ano 2003, deberase acreditar cando se presente a xustificación do investimento.

b.4) Os beneficiarios ós que se refire o punto 2.b) do artigo 3º, deberán presentar boletín de cotización TC2, do último mes controlado, dos centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

b.5) Se é o caso, documentación acreditativa do dereito que se vaia desfrutar da exención do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE).

Artigo 8º.-Resolución.

Co obxecto de dar cumprimento ó principio de concorrencia competitiva, conforme o disposto no artigo 3.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, os servicios técnicos centrais da Dirección Xeeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial emitirán informe razoado de avaliación.

Á vista do informe, o conselleiro de Industria e Comercio, ou o delegado provincial, conforme o establecido no Decreto 88/1990, do 15 de febreiro, sobre

desconcentración de competencias para a concesión de axudas e subvencións nos delegados provinciais ou territoriais da Xunta de Galicia, dictarán a resolución que proceda.

O prazo máximo para dictar e lles notificar ós interesados a resolución expresa será de seis meses contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde. O vencemento do citado prazo sen que se notifique a resolución expresa, lexitima ó interesado para entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

Artigo 9º.-Outras obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios destas axudas deberán conserva-los xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda ou subvención concedida durante un período de cinco anos desde a concesión.

Artigo 10º.-Modificación da resolución.

Para solicita-la modificación establecida no artigo 7.2º das bases reguladoras que rexen esta convocatoria, os beneficiarios teñen de prazo ata o día 30 de setembro da anualidade correspondente.

A conformidade expresa da Consellería de Industria e Comercio ás ditas modificacións requirirá informe favorable da Dirección Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial, e só será outorgada cando non alteren significativamente o proxecto inicial.

Artigo 11º.-Xustificación do investimento.

Para o libramento da subvención, o beneficiario deberá presentar na respectiva delegación provincial ou nos servicios centrais da Consellería de Industria e Comercio ou a través dalgunha das formas contempladas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneioro, a documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, tendo de prazo ata o 7 de novembro do 2003, inclusive.

Esta documentación xustificativa, sen prexuízo do establecido no artigo 15 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que se presentará por triplicado exemplar (orixinal ou copia compulsada e dúas copias), constará dos seguintes documentos:

a) Informe técnico no que se describa a realización dos proxectos e/ou actuacións e os datos e incidencias máis significativas habidos na súa execución, suficientemente detallado. Ademais, para a actuación acollida ó punto 2 apartado b) do artigo 3º, deberá presentarse copia dos contratos e dos boletíns de cotización e relación nominal de traballadores da Tesourería da Seguridade Social.

b) Documentos acreditativos do investimento: facturas de provedores en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido

entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Documentos acreditativos do pagamento: transferencia bancaria, certificación bancaria orixinal ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación del. Nestos documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.

d) Copia das nóminas e os TC do persoal dedicado ó proxecto. En lugar dos TC, poderá presentarse tamén certificado de vida laboral do persoal dedicado ó proxecto.

e) Para todas aquelas actuacións intanxibles deberá presentarse, así mesmo, unha copia de cada un dos estudios, diagnósticos, manuais, plans, documentos, etc., que se realizarán ou desenvolverán.

f) Declaración de axudas obtidas ou que se prevé obter para a mesma actuación en calquera outra administración, organismo ou ente público ou privado. No caso de ser beneficiario dalgunha axuda ou subvención para a mesma actuación, deberase achega-la documentación necesaria para a súa valoración para os efectos e a súa concorrencia coa axuda outorgada, indicando a súa contía.

g) Certificación expedida pola entidade bancaria de titularidade da conta onde se debe realiza-lo pagamento, na que conste: ordinal bancario, código do banco, código de sucursal e código de conta corrente.

h) Certificados acreditativos de estar ó día coa Seguridade Social.

i) Certificados acreditativos de estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega. 0 solicitante poderá acudir á AEAT e á Consellería de Economía e Facenda para solicita-la expedición dos certificados correspondentes ou cubrir debidamente asinada a autorización que se achega no anexo III para os efectos de que este órgano poida solicitar esta información por vía informática.

j) Último recibo pagado do imposto sobre actividades económicas.

k) 0 beneficiario de calquera subvención plurianual, na que o importe total supere os 30.050,21 euros, deberá achegar ademais o xustificante acreditativo do depósito na Caixa Xeral de Depósitos, do seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca que garanta o importe da anualidade da que se estea a tramita-lo pagamento, así como os seus correspondentes xuros (xuro legal do diñeiro indicado na Lei de orzamentos do Estado que estea vixente nese momento), por un prazo que deberá acadar como mínimo ata os

dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación da última das anualidades da subvención.

l) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

Artigo 12.-Pagamento das axudas.

A percepción da axuda terá lugar unha vez que os servicios técnicos da Consellería de Industria e Comercio certifiquen, se procede, trala inspección correspondente, que se realizou o investimento que foi obxecto de subvención e demais condicións impostas na resolución de concesión. Ademais, o beneficiario deberá presenta-la documentación adicional que lle sexa requirida por estes servicios técnicos, co obxecto de determina-lo alcance do proxecto ou actuacións subvencionables.

Artigo 13.-Incompatibilidades.

As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería para o mesmo proxecto.

Polo demais, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por outra Administración pública, organismo ou ente público sempre e cando non se supere, en termos de subvención neta equivalente, a porcentaxe do 40% sobre o investimento subvencionable, agás non casos das Pemes, nos que poderá acadarse ata o 55%.

Artigo 14.-Normativa aplicable.

Con independencia do disposto nesta orde, haberá que aterse ó disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro, 0 Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 11 de marzo de 2002 pola que se establecen as bases reguladores de axudas e subvencións en materia de industria, enerxía, minería, tecnoloxía e desenvolvemento sectorial, comercio e consumo.

Disposición derradeira

Única.-Facúltase o director xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial para que dicte as disposicións necesarias para a aplicación do disposto nesta orde.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2002.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio