Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO de areas, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre de 2003.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación da subministración de areas, ligantes, formigóns, barreiras de seguridade e marcas viarias para o primeiro semestre de 2003, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación necesaria, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 4 de decembro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense