Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael, de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) (Lugo).

3. Orzamento (IVE incluído): 297.925 euros.

4. Duración do contrato: ano 2003.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación necesaria: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, desde o seguinte á publicación do presente extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

11. O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP número 272, de data 27 de novembro de 2002.

Lugo, 27 de novembro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo