Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudio de detalle da parcela 20 do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 26 de setembro de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle da parcela 20 do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, promovido por Inmobiliaria Domínguez Vázquez, S.A.

A aprobación definitiva do citado estudio de detalle supón a modificación puntual do estudio de detalle e proxecto de urbanización do polígono 1 do SUP-5, aprobados definitivamente os días 4 de xuño de 1999 e 29 de maio de 2000, respectivamente.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia, publicouse no BOP número 254, o día 6 de novembro de 2002, o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o Pleno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

De conformidade co previsto no artigo 107.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a normativa urbanística ou ordenanzas reguladoras só poderán impugnarse directamente perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde