Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.131

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 8 de xullo de 2002, aprobou inicialmente a modifi

cación da delimitación do polígono 2 do solo urbanizable non programado número 3 (SUNP-3) de Ponte Pedriña, promovida pola xunta de compensación do polígono, co obxecto de excluí-la parcela número 7, de 2.139 m de superficie, propiedade do Ministerio de Fomento.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde