Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.076

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 3 de decembro de 2002 pola que se resolve a convocatoria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para financiamento dos seus estudios do 3º ciclo, e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

Por Orde do 25 de xuño de 2002 (DOG do 5 de xullo), aprobáronse as bases que rexen a convoca

toria pública de axudas ós estudiantes universitarios que cursen os seus estudios nalgunha universidade do sistema universitario de Galicia, así como para aqueles estudiantes universitarios que, tendo a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, cursen os seus estudios nalgunha universidade de fóra do sistema universitario de Galicia, interesados en solicita-los créditos bancarios para financiamento dos seus estudios do 3º ciclo e prorroga-los concedidos na convocatoria anterior.

As solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria foron estudiadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria, que elaborou a correspondente proposta de resolución.

En consecuencia, atendendo á citada proposta, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación de posibles beneficiarios do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo, correspondentes ó curso 2002-2003 que se relacionan no anexo I desta orde, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 841,4 euros, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Os estudiantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula, e que de acordo co establecido no artigo 7 letra d), da orde de convocatoria, presentaron a declaración xurada comprometéndose a entrega-lo xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización non poderán asina-lo contrato do préstamo coas entidades bancarias mentres non presenten na Dirección Xeral de Universidades, antes do 31 de decembro, o mencionado justificante.

A Dirección Xeral de Universidades entregarálle-la correspondente autorización para que poidan asina-los contratos coa entidade bancaria.

Segundo.-Facer pública a relación de beneficiarios da prórroga do préstamo subsidiado ós estudiantes universitarios de terceiro ciclo correspondentes ó curso 2002-2003 que se relacionan no anexo II desta orde, ós que se lles concedeu o préstamo en convocatorias anteriores, e sempre que cumpran os requisitos do convenio asinado coas entidades financeiras, o que supón a cantidade de 861,84 euros, correspondentes á partida orzamentaria 07.05.322 C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

Os estudiantes que figuran na relación de admitidos como pendentes de entrega-lo xustificante de matrícula, e que de acordo co establecido no artigo 7 letra c), da orde de convocatoria, presentaron unha declaración xurada, comprometéndose a entrega-lo xustificante de matrícula no prazo de dous días despois da súa formalización non poderán ser beneficiarios de prórroga mentres non presenten na Dirección Xeral de Universidades, antes do 31 de decembro, o mencionado xustificante.

A Dirección Xeral de Universidades entregaralles a correspondente autorización para que a entidade bancaria lles manteña a prórroga.

Terceiro.-Os solicitantes que figuran no anexo I e II como denegados deberán considerar desestimada a súa solicitude polas causas que nel se especifican.

Cuarto.-Os posibles beneficiarios dos préstamos subsidiados desta convocatoria, que se relacionan no anexo I desta orde, realizarán os trámites dos préstamos coas entidades financeiras (Banco Pastor, Caixa de Aforros de Galicia, Caixanova, Banco Galle

go, Banco Simeón e Banco Etcheverría), asinantes do convenio de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria desde o día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 31 de decembro de 2002

Quinto.-O incumprimento total ou parcial por parte dos posibles beneficiarios, tanto dos préstamos como das prórrogas, de calquera das condicións establecidas na orde de convocatoria do 25 de xuño de 2002, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polo beneficiario ou solicitante, segundo o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decem

ANEXO I

3º CICLO 1ª VEZ

CONCEDIDAS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONT. SOLICIT.

2002/000004-044841463LBUSTA VARELA, CARMELA3.005,06
2002/000006-076822902GJANEIRO SUEIRO, PATRICIA6.010,12
2002/000002-079315980CMARTINEZ RIVAS, PAULA3.005,06
2002/000001-033336513ZSANCHEZ RODRIGUEZ, ANA MARIA3.005,06
2002/000005-036104251RSAURA ALVAREZ, MARIA3.005,06
2002/000010-035469573PVARELA GRAÑA, MARCOS3.005,06
2002/000011-032335278SVIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANA6.010,12

CONCEDIDAS PENDENTES DE ENTREGA-LA MATRÍCULA

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTECONT. SOLICIT.

2002/000015-035233873NFREIRE CARRAGAL, JAVIER3.005,06
2002/000007-044827128JNUÑEZ LOPEZ DE VICUÑA, RAQUEL3.005,06
2002/000013-033344811DRODRIGUEZ OTERO, MARIO6.010,12
2002/000009-01924326PGALVEZ ABAD, EDYTH3.005,06

DENEGADAS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACIÓN

2002/000003-033320934YCANDAL DEL RIO, LUCIAFALTA DE DOCUMENTACIÓN
2002/000014-076926204JMARTINEZ TABOAS, MERCEDESFALTA DE DOCUMENTACIÓN
2002/000012-036133459EMOLDES PEÑAS, PAULAFALTA DE DOCUMENTACIÓN
2002/000008-076573088QCOLADAS-GUZMAN GARCIA, ALFONSOFÓRA DE PRAZO

ANEXO II

3º CICLO PRÓRROGAS

CONCEDIDAS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTE1ª PRÓRROGA2ª PRÓRROGA

2002/000004-078735997MMARTINEZ CASAS, LIDIASI
2002/000011-032690595MMENDEZ GARCIA, BEATRIZSI
2002/000001-032831159QPAZ TEDIN, VANESSASI
2002/000008-044758486APEREZ MESTRE, JUAN C.SI
2002/000007-036096732APRIETO RAMOS, M JESUSSI
2002/000017-053177812HRELLAN PIÑEIRO, SANDRASI
2002/000002-032636686PRODRIGUEZ FRAGA, BEATRIZSI
2002/000016-044461999DSIEIRO PIÑEIRO, Mª DEL PILARSI
2002/000009-032685461TTEIJEIRO FERNANDEZ, NOESI
2002/000012-032335278SVIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANASI
2002/000013-032335278SVIDAL DE LOS SANTOS, MARIA JUANASI
2002/000018-036127078NVILLAR GONZALEZ, ADRIANOSI

CONCEDIDAS PENDENTES DE ENTREGA-LA MATRÍCULA

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTE1ª PRÓRROGA2ª PRÓRROGA

2002/000003-032827411VVILELA LOZANO, JUANSI

DENEGADAS

Nº EXPED.DNI/CIFSOLICITANTEMOTIVO DENEGACIÓN

2002/000010-079314451DMARCOTE ESCARIZ, MANUEL ANGELFALTA DE DOCUMENTACIÓN
2002/000014-076573088QCOLADAS-GUZMAN GARCIA, ALFONSOFÓRA DE PRAZO
2002/000006-035251061LDEL OLMO CASALDERREY, Mª LUISANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA
2002/000015-01924326PGALVEZ ABAD, EDYTHNON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA
2002/000019-033338325DPEREZ ESCUREDO, TIRMA-LINANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA
2002/000005-076862131HTORRES ROMAY, EMMANON AXUSTARSE ÁS BASES DA CONVOCATORIA