Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de subministración.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: subministración, para o Centro Residencial e Rehabilitador San Rafael de Castro de Ribeiras de Lea, de productos conxelados e precociñados.

3. Orzamento (IVE incluído): 92.000 euros.

4. Duración do contrato: ano 2003.

5. Garantía provisional: 2 por 100 do orzamento de licitación.

6. Información: Servicio de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

8. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais desde o seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 277, do 3 de decembro de 2002.

Lugo, 3 de decembro de 2002.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo