Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto: contratación da asistencia á deputación para execución da expropiación dos bens e dereitos afectados para execución das obras incluídas nos proxectos no plan de vías provinciais 2003.

Orzamento: 491.768,25 A, IVE incluído; distribuído en 15 lotes.

Prazo de execución: seis meses contados desde o día seguinte á data da formalización do contrato. O dito prazo poderá ser prorrogado pola Administración por causas debidamente xustificadas.

Garantías:

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

Clasificación: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Anuncio extenso: BOP.

Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos do presente anuncio será por do adxudicatario.

A Coruña, 5 de decembro de 2002.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña