Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do concello, na súa sesión do 21 de outubro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 4 (UA-4) do Plan Especial de Reforma Interior de Ponte Pedriña (PERI-7), promovido pola xunta de compensación.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2002.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde