Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 20 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000331-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000331-5.

Denunciado: Manuel Lojo Triñanes.

DNI: 35415937-P.

Enderezo: barrio de San Pedro, As Sinas-Vilanova de Arousa.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 210,35 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000354-5.

Denunciado: Guillermo Muñiz Abalo.

DNI: 35460919-W.

Enderezo: A Cruz, 23, O Carril, Vilagarcía de Arousa.

Precepto infrinxido: 5.3º, 6.9º e 6.10º.

Sanción: 540,90 euros.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 20 de novembro de 2002.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo