Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se lle notifica a Jerónimo Gamazo de la Rosa a resolución do expediente sancionador 178/02mv iniciado por acordo do 6 de xuño de 2002, por infracción da lexislación sobre epizootias.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinalan a continuación, a resolución do expediente sancionador nº 178/02mv, dictada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

No caso de estar conforme con esta resolución, para o pagamento da sanción imposta deberá emprega-los impresos normalizados que se lle facilitarán nesta delegación provincial sita en Ronda da Muralla 70, baixo 1º.

Lugo, 13 de novembro de 2002.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: 178/02mv.

Denunciado: Jerónimo Gamazo de la Rosa.

DNI: 12321599.

Último enderezo coñecido: praza de Segovia, 9, Medina del Campo (Valladolid).

Feitos imputados: transportar cinco animais da especie equina desde Culleredo (A Coruña) ata Valladolid, o 19 de decembro de 2001, no camión matrícula VA-7003-X, carecendo do libro de rexistro de movementos e compravenda de gando.

Tipificación da infracción:

Precepto infrinxido: artigos 10 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG do 4 de setembro) e 4.2º do Real decreto 205/1996, do 9 de febreiro (BOE do 29 de febreiro).

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootías do 4 de febreiro de 1955.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción imposta: 150,25 euros.

Motivo da publicación: ausente na repartición e devolto polo servicio de correos por transcurso do tempo de espera en lista.