Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 11 de decembro de 2002 Páx. 17.045

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador AG-SA-112/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Concedéndolles ós interesados un prazo de quince días, para que poidan examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estimen axeitadas, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 11 de novembro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-112/2002-PO.

Denunciado: Alberto González Alonso.

Último enderezo coñecido: Bª Viso, 26, San Pedro, Nigrán.

Feito denunciado: carecer de guía de orixe e sanidade pecuaria, falta de identificación dos animais e non anotar un animal no libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.

Data do acordo de incoación: 10-10-2002.

Preceptos infrinxidos: incumprimento dos artigos 3, 8 e 10 da Orde do 23 de agosto de 1955.

Precepto sancionador: artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 540 euros.