Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as propostas de resolución dos expedientes sancionadores OU 400/2002 IN e OU 414/2002 IN, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións e os docu

mentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 19 de novembro de 2002.

Montserrat González Pérez

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. OU 400/2002 IN.

Denunciado: Agustín Rodríguez Rodríguez.

DNI: 34605097.

Último enderezo coñecido: Ribeiro. 32840 Bande.

Feito denunciado: abandono do vehículo PO-5812-D.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DXM e MAN.

Sanción: 300,51 A.

Expte. OU 414/2002 IN.

Denunciado: Ramón Seijas Penas.

DNI: 33792007.

Último enderezo coñecido: Vigueira de Arriba-Covas. 32750 Montederramo.

Feito denunciado: abandono do vehículo OR-5692-F.

Precepto infrinxido e sancionador: art. 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001, da DXM e MAN.

Sanción: 300,51 A.