Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 17.002

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social 637/2002.

Non sendo atopados nos enderezos coñecidos por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto na Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro).

Expte. nº: 637/2002.

Acta nº: 588/02.

Titular: Herculsegur, S.A.L.

NIF/DNI: A-15513658.

Enderezo: avda. dos Caídos, 44-46 ent. (A Coruña).

Materia: obstrucción.

Data res.: 8-11-2002.

Resolución: declara-la caducidade do expediente.

Feitos: en visita de data 23-1-2002 á empresa da referencia, comprobouse que non tiña efectuado o pagamento dos salarios correspondentes ós meses de outubro, novembro e decembro a varios traballadores. Requírese para que efectúe os ditos pagamentos e que presente xustificante na Inspección de Traballo. Así mesmo, requírese para que elabore a preceptiva avaliación de riscos, presentando tamén o xustificante.

Por correo certificado con xustificante de recepción remítese citación á empresa para que o 3-4-2002 achegue a documentación requirida, a citación foi devolta e na data sinalada non se achegou xustificante ningún.

Vulnéranse os artigos 50 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 5 e 7 da Lei 42/1997, do 14 de novembro.

Tipificación: falta grave en grao medio, tipificada e sancionable de acordo cos artigos 50 e 39 e 40, respectivamente, do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

A Coruña, 18 de novembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña