Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.997

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2002 pola que se declara a utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico denominado Punago. (Expediente 070-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A. (actualmente denominada Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.) con enderezo para efectos de notificacións na rúa do Castiñeiriño, 12-3º-A, CP 15702, Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Punago; resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 26 de setembro de 2000, Concepción Cánovas del Castillo, en nome e representación de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., solicitou o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Punago, de 30,36 MW e posteriormente, con data do 28 de decembro do mesmo ano, a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e

o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria segunda do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto coas características fundamentais da instalación e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación

do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante Resolución do 4 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, publicada no DOG do 20 de xuño, no Diario La Voz de Galicia, do 20 de xuño, diario El Progreso do 20 de xuño, no BOE do 20 de xuño, no BOP de Lugo do 21 de xuño, e no taboleiro de anuncios dos concellos de Castroverde, Baleira e Pol.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Josefa Gallego Fórneas e Concepción Gallego Fórneas solicitan que a expropiación se faga extensible á totalidade dos predios afectados, por resultar antieconómica a conservación da parte dos predios non expropiados.

2. Primo Isidro Valcarce González reivindica a propiedade das parcelas 313-1 e 313-2 ó parecer afectadas polo proxecto do parque eólico e as parcelas 299 e 307, non afectadas polo dito proxecto, todas elas do polígono 5 da concentración parcelaria da parroquia de Montecubeiro (Castroverde).

3. Ramón García Arias, Benito Álvarez Fernández, José Portela Fernández, Dolores Carballedo Otero, Hrdos. Manuel Pillado Rico, César Pereira Valiño solicitan unha serie de información e documentación relativa ó expediente administrativo do parque.

4. José González Gallego, Donino Freire Iglesias, Avelina Álvarez Chantres, Hortensia Seco, Alfredo Prieto González, Benito Álvarez Fernández, Julio Freire Paz, Víctor Fernández Fontes (Rpte. Hrdos. Pedro Fontes Río), César Pereira Valiño, Virgilio López Veiga, José Val Pillado, Abel López López, Julia Parajes Candal, José Portela Fernández, Rogelio Campos Cortón, María Antonia Díaz Casal, reivindican a necesidade dun estudio ambiental, así como os posibles problemas xurídicos que poden xurdir debido ó actual proceso de concentración parcelaria na parroquia de Montecubeiro, solicitando a suspensión da execución da instalación ata que esta concentración parcelaria finalice.

5. Jesús Trabada Millares e outros alegan un erro na delimitación dos montes da Braña, solicitan que se modifique a súa liña divisoria, conforme consta en acta de protocolización á que fan referencia.

6. José Manuel Calderón González alega un erro na titularidade da parcela 289, que na relación de bens e dereitos afectados figura como titular descoñecido, sendo o alegante o titular desta.

7. Manuel Pin Fernández solicita que se lle faciliten os datos necesarios para a identificación da parcela da súa propiedade, xa que non se corresponde o nº de parcela que figura no rexistro co que figura nos planos de reparto de propiedades que se fixo no seu momento.

8. Bonifacio Saavedra Díaz solicita que se inclúa a parcela da súa propiedade na relación de bens e dereitos afectos polo parque.

9. Ramón Mª García Arias, en nome e representación de Daniel Graña Rico e Mª Luz Graña Sobra

do, solicita a nulidade de pleno dereito do procedemento expropiatorio conforme a:

-As parcelas das súas representadas encóntranse afectadas desde 1990 pola concentración parcelaria de Montecubeiro.

-A empresa non se puxo en contacto coas súas representadas.

-Conflicto de competencias entre a Consellería de Industria e Comercio e a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Tal e como se encontra o procedemento de concentración, a relación de bens e dereitos presentada non reflicte a situación actual e futura das parcelas afectadas.

-Na relación de bens e dereitos publicada, soamente se recollen catro parcelas: nº 282, 283, 295 e 296; das oito que posúen no denominado Monte de Maceda, sendo a lonxitude total da cabeceira destas 600 m e reclamando unha zona de protección eólica mínimo de 70 m.

-O acordo polo que se declare a urxente ocupación dos bens afectados deberá estar debidamente motivado, de acordo co establecido no art. 56 do Regulamento de LEF.

Terceiro.-O 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico, que se publicou no DOG do 22 de maio de 2002.

Cuarto.-O 21 de xaneiro de 2002, a Dirección Xeral de Industria resolveu autorizar-la instalación dos equipos electromecánicos e aproba-lo correspondente proxecto de execución, coas seguintes características básicas:

Localización e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

PunagoCastroverde, Baleira de Pol (Lugo)XY

V10.637.660,204.773.407,90

V20.638.744,404.773.835,90

V30.641.582,204.763.944,50

V40.640.658,904.736.612,70

Nº de aeroxeradores: 46.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: MADE AE-64/I.

Potencia total instalada: 30,36 MW.

Producción anual estimada: 78.056 MWh/ano.

Investimento previsto: 19.087.582,90 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

-46 aeroxeradores tipo MADE AE-46/1, de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-46 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre do aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

-Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico de Punago, composta por un transformador principal 30/132 kV de 27/32 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 30/0,4 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Quinto.-O 18 de xaneiro de 2002, procédese a dar trámite de audiencia, a Concepción Josefa Gallego Fórneas, quen achega copia do acordo amigable co promotor.

Sexto.-O 31 de xullo de 2002, esta consellería acepta de vez o desistimento do recurso de alzada que interpuxo Ramón María Arias García, en nome e representación de Daniel García Rico e María Luz García Sobrado, contra a citada Resolución do 21 de xaneiro de 2002. Así mesmo, presentouse copia do acordo amigable alcanzado entre o promotor e os seus representados.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro, a Lei 54/1997, do 27 de novembro, Decreto 205/1995, do 6 de xullo, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a estas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que:

1. Se lle deu traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta as tivo en conta, procedendo ó seu envío.

2. En canto ós posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria os terá en conta. Non obstante, será durante o levantamento de actas, ó que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostra-la súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

3. A Delegación Provincial de Industria de Lugo facilitou toda a documentación e información solicitada polos alegantes.

4. Con respecto ás alegacións presentadas por José González Gallego, Donino Freire Iglesias e outros, cabe dicir por un lado, que o estudio ambiental foi debidamente considerado na declaración de impacto ambiental do parque, e por outro, que a solicitude de suspensión do procedemento como consecuencia dun proceso parcelario non está apoiada en ningún precepto legal, sendo completamente independente do procedemento de autorización do parque.

5. Con respecto á solicitude de expropiación total formulada por Concepción Josefa Gallego Fórneas, cabe dicir que hai acordo amigable entre o promotor e a afectada.

6. En relación á alegación presentada por Ramón García Arias, en nome e representación de Daniel Graña Rico e Mª Luz Graña Sobrado, cabe dicir que chegaron a un acordo amigable o promotor e os afectados.

As alegacións ambientais foron remitidas ó órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental do citado parque.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Declara-la utilidade pública en concreto das instalacións do parque eólico Punago, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, de se-lo caso, recurso potestativo de reposición de acordo co establecido no artigo 116 da Lei 30/1992, modificado pola Lei 4/1999, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da citada data, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 20-12-2001,

DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería

de Industria e Comercio