Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/153-2, 5937 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Covelo.

Situación: A Pastoriza.

Características técnicas: L.M.T.A. a 20 kV con 0,027 km de lonxitude con orixe na L.M.T. a C.T. do Coto e final en C.T. do Covelo conductor tipo LA-56. C.T.I. de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T.A. de 0,425 km de lonxitude con orixe no C.T. do Covelo e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 5 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo