Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 10 de decembro de 2002 Páx. 16.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 25 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/414-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica Los Molinos, S.L.

Domicilio social: A Igrexa, 14 B, 36820 Ponte Caldelas.

Denominación: L.M.T. e centro interconexión Xustáns-Mirón I.

Situación: concello de Ponte Caldelas.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 2.752 m de lonxitude, con conductor LA-110, sobre apoios metálicos e de formigón, desde Xustáns ata o centro de interconexión que se proxecta en Mirón, no concello de Ponte Caldelas. Centro de interconexión con dúas celas compactas de liña SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 25 de outubro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegado provincial de Pontevedra